En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa abre as festas de verán ao son dos “Pinchadiscos”

Hoxe tócalle o turno á xuventude coa actuación do grupo Punto y Aparte

Un ano máis, os pinchadiscos abrían o programa das festas de verán na Rúa. Na noite do 2 de agosto tiña lugar o xa tradicional encontro (esta foi a VIII edición) contando na mesa de mesturas con afeccionados como José Vicente Solarat (un clásico da xuntanza ) ou Javier Izquierdo que subía acompañado polo seu fillo Brian. Mentres na rúa Doutor Vila a xente ía pouco a pouco animándose a botar o primeiro baile das festas que se estenderán ata o vindeiro luns, 6 de agosto (festivo local).

Hoxe tócalle o turno á xuventude coa actuación do grupo Punto y Aparte e ao torneo de golf rústico no Aguilón; e mañá haberá pasarrúas e concerto coa charanga Os Caliqueños, a Milla Urbana, o triangular de veteranos de fútbol e baile de tarde e verbena coa orquestra Galilea.

Máis información no Especial Festas de Agosto do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button