Batendo o seu propio récord, o Gran Premio de Montaña e Andaina Galitiming da Rúa celebra hoxe a súa edición máis numerosa. Preto de 130 deportistas se daban cita na mañá do 29 de setembro no adro da igrexa de Fontei, para participar na 4ª edición desta triple proba federada, organizada polo Club Atletismo Rúa.
Os primeiros en saír, en torno ás 9:20h. eran os corredores do trail longo. Uns 25 atletas que afrontaron con ánimo os 33 km. que os levaría por boa parte da montaña ruesa pasando polo Pico do Pote, en Roblido, “con vistas espectaculares sobre o Sil”, aseguran dende a organización, destacando que se trata dunha proba que pretenden potenciar “para poñer en valor os aspectos paisaxísticos e naturais do concello da Rúa”.
De seguido tocáballe o turno ao medio cento de andarines que tiñan por diante uns 13 km. monte arriba. Por último, ás 10h. tomaban a saída os 40 participantes no mini trail duns 15 quilómetros de percorrido.
Fotos da galería: Mónica G. Bellver excepto as dúas últimas que son cedidas.