CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Rúa acolle o espectáculo de funambulismo de Mustafá Danger

A actuación tivo lugar o pasado domingo, 9 de agosto, na Área Recreativa do Aguillón

 

O recoñecido funambulista e premio Guiness, Mustafá Danger, actuóu co seu equipo o pasado 9 de agosto na Rúa. O espectáculo comezou ás 21:00h no campo de fútbol da Área Recreativa do Aguillón e enmárcase dentro da programación das Festas de Verán, que este ano tiveron unha axenda reducida debido á situación de crise sanitaria.

O funambulista abriu o espectáculo subindo por un cable tensado polo resto do equipo. Continuou cun número na moto que lle otorgou o Premio Guiness 2010 e na que o acróbata fixo numerosos equilibrios. Un dos momentos máis espectáculares da función foi na chamada “roda da morte”, na que Mustafá realizou varios saltos por dentro e por fora da maquinaria, unha delas coa cabeza encapuchada. Tamén participaron os acróbatas Abdul, Patricia e Nerea.

 

Nerea durante o seu número.

 

O acto, que contaba con aforo limitado, tivo unha moi boa acollida entre os veciños. Tamén asistiron varias autoridades locales do Concello da Rúa e membros de Protección Civil foron os encargados de organizar o tráfico e velar pola seguridade dos asistentes. A pesar de que o espectáculo era visible dende fóra do recinto, moitos dos presentes decidiron pagar a entrada, cun coste de 5€. Toda a recaudación foi destinada á recuperación da Cidade dos Muchachos de Seixabo (Ourense).

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button