En portadaÚltima hora

A Rúa despedirá o ano coa X Carreira e Andaina Popular do Nadal e un brinde comunitario

A proba atlética 'edición San Silvestre' comezará ás 11:30 horas diante do pavillón municipal, no Aguillón

Participantes na anterior edición da carreira na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Pechando o mes e o ano, o sábado día 31 haberá dúas actividades no Nadal da Rúa: a X Carreira e Andaina Popular do Nadal e o brinde comunitario para despedir o ano.

A primeira ‘edición San Sivestre’ conforma o apartado deportivo do programa, organizada polo Club ADAS O Barco, Valdemove Valdeorras e o Concello da Rúa en colaboración coa Delegación da F.G.A. Con saída ás 11:30 horas o circuíto consta dunha volta de 6.500 metros totalmente chairo, con saída e meta diante do pavillón municipal, no Aguillón.

 

 

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta homes e mulleres; para o primeiro clasificado e medallas para o segundo e terceiro nas categorías sub-14, Sub16, Sub18/Sub 20, sub-23/ Sénior e todas as categorías máster homes e mulleres. Nas carreiras de Sub14, Sub12, Sub10 e Prebenxamín entregaranse medallas.

Ao recoller o dorsal, pos participantes poden depositar o kilo solidario de alimentos non perecedoiros para que sexan doados. Ademais obsequiarase cunha bolsa do corredor aos participantes na carreira absoluta.

E xa pola tarde, ás 20 horas será a despedida oficial do 2022 cun brinde na praza do Concello con cava de Almendralejo “e tamén, coma novidade, con cava de Éntoma, unindo así ambas Denominacións de Orixe”, puntualizan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button