A RúaConcellosÚltima hora

A rúa Doutor Vila (A Rúa) engalánase para a III cea do CarnaVrao de San Cristóbal

 

Ramos de flores francas decoran as farolas da rúa Doutor Vila, anunciando a festa que se vivirá esta fin de semana na Rúa.

Despois de dous anos a Asocación Sociocultural San Cristóbal da Rúa retoma a organización do CarnaVrao cuxo programa arrancará hoxe, venres 8 de xullo, coa Cea Popular ás 22:30 horas na céntrica vía ruesa que conta cuns 700 inscritos.

 

Farola decorada na rúa Doutor Vila.

 

Para mañá, sábado día 9 de xullo, está previsto o gran desfile de comparsas. A saída realizarase desde o Lunas, O Café , O Melín e Route 66 ás 20 horas, con varios premios. E xa o domingo día 10 terá lugar a celebración na honra a San Cristóbal con misa solemne ás 11:30 horas na igrexa de Fontei onde serán bendicidos os automóbiles que decidan acudir e posterior procesión de coches dende Fontei, pasando por Petín e rematando en San Roque.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button