CulturaCulturaEn portadaMúsicaÚltima horaVídeos

A Rúa pecha as festas de verán ao ritmo de Broken Peach e a orquestra Finisterre

 

Na madrugada do luns 5 de agosto A Rúa baixaba o pano das festas de verán 2024 ao ritmo da orquestra Finisterre que ofrecía o segundo pase do día trala actuación do grupo vigués Broken Peach que, malia ter que prescindir dunha das cantantes por unha urxencia médica, deu un animado concerto interactuando co público e facendo un completo repaso polo seu movido repertorio, con “versións levadas ao noso estilo” e tamén temas propios que conquistaron ao público.

 

 

Finalmente o trepidante ritmo da oquestra Finisterre, poñía o broche a esta edición das festas, a primeira cos concertos no Aguillón, que comezaban o 1 de agosto co Encontro de Pinchadiscos e contou cunha ampla oferta deportiva e musical, na que destaca o exitoso espectáculo da orquestra La Misión que prometía volver para o 2025.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button