CulturaCulturaEntroido 2024Última horaVídeos

A Rúa pon o broche ao Entroido queimando á “Sardiña” finada na praza César Conti

 

Na tarde deste Mércores de Cinza A Rúa despedía definitivamente o Entroido co enterro da Sardiña. En torno ás 20 horas abríase o velorio de “Doña Sardiña do Atlántico e Cantábrico, viúva de D. Carnal” no adro da igrexa de Santo Estevo.

 

 

Entre loitos, choros e tamén bandexas de bica e licores, os veciños velaban e dábanlle o adeus a sardiña. Despois, o bispo iniciaba o ceremonial e tras rezar unha singular oración de tono satírico, daba paso á procesión.A comitiva encabezada pola Sardiña, o bispo, o cura, o monaguillo e as monxas percorría entre cánticos e berros das choronas A Rúa Vella ata rematar na praza César Conti, onde seguidamente era  queimada xunto aos lardeiros que eseperaban baixo a farola.

 

 

A festa completábase cunha merenda a base de bocadillos de sardiña acompañada de viño para os asistentes ao enterro, por xentileza do Concello.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button