A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa retoma a celebración do CarnaVrao con cea popular, desfile e procesión de San Cristóbal

Será na fin de semana do 8 ao 10 de xullo

Desfile da anterior edición do CarnaVrao na Rúa.

 

Despois de dous anos a Asocación Sociocultural San Cristóbal da Rúa retoma a organización do CarnaVrao, coa ilusión de que “o deste ano supere aos anteriores aínda que sexa complicado”, din.

Así, o programa arrancará o venres 8 de xullo coa Cea Popular ás 22:30 horas na rúa Doutor Vila. “Os membros da asociación teremos rifas ao dispor da xente que queira compralas nas que se sorteará, na noite da cea, un premio de 500€”, din dende a organización, avanzando que as entradas estarán á venda en Cool Balea e O Corinto e a reservas de mesa (cun mínimo 6 persoas) tamén se poderá facer na tenda ou no teléfono 657 854 542.

 

 

Para o día seguinte, sábado día 9 de xullo, está previsto o gran desfile de comparsas do Carnavrao 2022. A saída realizarase desde o Lunas, O Café , O Melín e Route 66 ás 20 horas, con varios premios: 200 euros á mellor comparsa, 150 euros para o segundo posto, 100 euros para o terceiro; 50 euros ao mellor disfrace individual; e 50 euros á mellor parella.

E xa o domingo día 10 terá lugar a celebración na honra a San Cristóbal con misa solemne ás 11:30 horas na igrexa de Fontei onde serán bendicidos os automóbiles que decidan acudir e posterior procesión de coches dende Fontei, pasando por Petín e rematando en San Roque.

Artigos relacionados

Back to top button