A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa será unha das paradas da foodtruck ‘Galicia sabe a Mar’

 

O mércores 22 de marzo a foodtruck ‘Galicia sabe a Mar’, da Xunta de Galicia fará parada na praza do Concello da Rúa.

Trátase dunha das catro furgonetas da campaña de promoción de pescados e mariscos galegos que puxo en marcha a Consellería do Mar e que percorrerá un total de 200 municipios de España relaciondos co Camiño de Santiago. Unha iniciativa que permitirá degustar gratuitamente unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos mesmos.

No caso da Rúa, a parada está vencellada a unha das ruta xacobeas, o Camiño de Inverno e será en horario de 12 a 15 e de 16:30 a 19:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button