En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa tínguese de rosa contra o cancro de mama

Máis de 170 persoas participan na III carreira e andaina organizada polo Club Atletismo Rúa

Un ano máis, Valdeorras demostrou que cando de colaborar se trata, a resposta é positiva. Non hai máis que ver o resultado da III carreira e andaina contra o cancro, organizada polo Club Atletismo Rúa, que malia o calor e as comuñóns, reuníu a numerosas persoas na maña do 6 de maio, Día da Nai.

Tal foi a afluenza de participantes na procura de dorsais que tiveron que retrasar a proba máis de media hora sobre o previsto. Así, pasadas das once e media, o padriño da carreira, Miguel Arias, subíase ao escenario para dar a benvida aos andarines e corredores asegurando que cando participa neste tipo de eventos solidarios “é cando realmente paga a pena o que fago”, sensibilizado como está co cancro que por desgraza lle tocou moi de preto. A presidenta da AECC en Valdeorras Gloria Pérez, pola súa banda, deu as grazas á organización xa que todo o recadado será doado á asociación para axudar ás familias que loitan tan dura batalla e aportar o seu gran de area para a investigación sobre o cancro de mama. Por iso a cor rosa (nas camisetas e panos), foi a protanista na cita que reuníu a máis de 150 persoas na andaina e unhas 30 na carreira absoluta. Tamén houbo cativos en diferentes categorías.

Coa entrega de trofeos e sorteo de agasallos, o broche á cita solidaria poñíao Miguel Arias actuando en directo acompañado polo músico rues, Suso, membro entre outros, do grupo Placeres Solitarios.

O máis rápido da carreira foi Marco Rodrigues que completaba o percorrido en 25:52, seguido por José Manuel García e Pablo Prada. Das mulleres, a primeira foi Maribel García, a segunda Susi Vázquez e a terceira Diana Vila. Tamén houbo trofeo para o máis xove, Gonzalo Quiroga Álvarez, nacido en marzo de 2018; e para o maior, Emilio Fernández Fernández, nacido en 1937.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button