A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa Vella abre as festas de San Roque con pasarrúas de Abertal e misa campestre

 

A Rúa segue de celebración. Tralas festas de verán na Estación e a Baco Festa no Aguillón, chega agora o momento do San Roque, na Rúa Vella, cun programa organizado pola Asociación Sabugueiro que comezaba hoxe, 16 de agosto e estenderase ata o luns 22 de agosto.

 

Altar na Capela de San Roque.

 

Xa de boa mañá, o grupo de gaitas de Abertal percorría as rúas anunciando o comezo do día de San Roque, festividade que celebraban cunha misa campestre, no campo de San Roque, diante da capela na que se custodia a imaxe do santo. E a partires de aí, sucederanse as actividades para todos os públicos. Cine ao aire libre, concurso de talentos, cultos, unha nova edición da Volta Ecolóxica, baile e moita música.

Fotos cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button