O Nadal está á volta da esquina por iso dende a Asociación Sabugueiro están ultimando os preparativos para que a Rúa Vella loza ben bonita.
Así, na tarde deste domingo 4 de decembro procedían a colocación de fermosos adornos en distintos puntos da vila, especialmente estrelas e bolas co logo do Camiño de Santiago, entre outros, contando coa inestimable colaboración dos máis pequenos.
Fotos cedidas.