En portadaÚltima horaVídeos

A Rúa vivirá unhas festas de verán “brillantes” pero sen as tradicionais luces

Recupérase o apartado deportivo e entre as propostas musicais destaca a banda de rock La Última Legión o venres 4 de agosto

 

Do 3 ao 7 de agosto A Rúa vivirá as súas festas de verán “completas e con actividades para todos os públicos pero sen as tradicionais luces festivas, por cuestións económicas e de intendencia, o que non impedirá que sexan brillantes dentro do presuposto co que contamos”. Así o adiantaba na mañá deste venres 28 de xullo o concelleiro do grupo de goberno, José Vicente Solarat, na presentación do programa no que, tal como asegura a alcaldesa, María G. Albert, destaca a recuperación do apartado deportivo coa Milla Urbana e o Torneo de Tenis, ademais do de golf rústico.

Coma sempre será o Encontro de Pinchadiscos que chega á XI edición, quen marque o inicio na noite do xoves 3 de agosto. Será a partir das 23:15 horas contando nesta ocasión co DJ  Rafa Torres de La Jungla Radio. O venres 4 de agosto será o Día da Mocidade con dúas citas especialmente adicadas aos máis xoves. A primeira será a VII Milla Urbana Noctutra, carreira popular que se celebrará na rúa Miguel de Cervantes a partir das 21 horas. E xa preto da medianoite será o turno para a música co concerto estelar das festas a cargo da banda de rock La Última Legión que ofrecerá un complerto repertorio coas súas particulares versións dos grupos máis representativos das últimas décadas, tanto nacionais, como internacionais.

 

 

As festas continuarán o sabado 5 de agosto co pasarrúas a cargo da charanga Os Caliqueños pola mañá e a presentación da orquestra La Fórmula que actuará en sesión de tarde (21:45h.) e tamén verbena (0:45h.). Ese mesmo esquema repetirase o domingo día 6 de agosto. Pola mañá haberá pasarrúas e animación coa charanga Unión Phenosa, cunha selección de música de calidade en directo de todos os estilos e para todos os públicos. E xa pola tarde, a partir das 21:45h. subirase ao escenaio a orquestra Kubo, repetindo actuación na verbena a partir das 0:45h. Así chegaremos ao último e día grande das Festas de Verán, o luns 7 de agosto (festivo local). É tamén a Feira do Ano en Fontei, con numerosos postos de comida e todo tipo de produtos así como pasarrúas a cargo da charanga BBB.

 

 

Os nenos terán tamén o seu protagonismo ao longo dos catro días de festa (4, 5, 6 e 7 de agosto) con espectáculos e parque de atraccións para o público infantil. Ademais, do 3 ao 7 haberá inchábeis nas piscinas. O programa tamén inclúe espectáculos de rúa e de maxia.

Con respecto ao aparto deportivo, ademais da carreira nocturna do día 3, as pistas do Aguillón acollerán unha nova edición do torneo de tenis que se desenvolverá do 1 ao 6 de agosto, día en que se disputarán as finais, nas respectivas categorías. En masculino, alevín, infantil, júnior, absoluto, veteranos +35 y veteranos +45; e en feminino, alevín, cadete e absoluto.

 

 

O día 8, fóra xa do programa que ronda os 90.000 euros de presuposto, celebrarase unha nova edición das Xornadas de Folclore coas actuacións de Haití, Ucraína e Bolivia. E xa do 11 ao 13 terá lugar a Baco Festa, na ubicación de sempre, O Aguillón, coa asistencia dunha decena de adegas, actuacións musicais nacionais e internacionais, exhibición romana e mesmo un partido de fútbol entre Rúa e Barco en torno ao viño.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button