A RúaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Rúa volve vibrar ao ritmo dun CarnaVrao marcado polas altas temperaturas

 

O calor e como contrapunto a auga que ían espallando dende as comparsas, foron os grandes protagonistas do III desfile de CarnaVrao de San Cristóbal que se celebraba na tarde deste calurosísimo sábado 9 de xullo.

Pasadas as oito da tarde e ao ritmo da Baturruca de Monforte, o desfiile percorría a rúa Campogrande e Progreso rumbo á Doutor Vila, con parada na praza do Concello onde o xurado valoraba aos participantes, entre os que había dous folións e exóticas e veraniegas comparsas, nas que destacaban as relacionadas coa auga, a piscina ou mesmo a praia que aproveitaban a ocasión para refrescar ao público con pistolas de auga, aínda que non faltou ‘unha de romanos’ nin tampouco os guiños á áfrica.

 

 

 

Nesta ocasión era a batucada a que abría o desfile e os folións os que o pechaban poñendo o broche a esta iniciativa levada a cabo pola Asociación Cultural San Cristóbal creada por veciños das Rúa para dinamizar a vila con actividades como a recuperación das Festas de San Cristóbal, entre outras.

Despois do éxito da cea previa celebrada onte, na tarde do sábado os veciños botáronse á rúa, uns desfilando e outros animando. Mañá rematan as festas de San Cristóbal coa bendición e procesión de coches dende Fontei ata San Roque pasando por Petín.

 

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G.Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button