A RúaConcellosÚltima hora

A Ruada reencóntrase co público das Festas de San Roque, na Rúa, coa obra ‘A Voda do Esganarello’

 

Durante moitos anos e ata a pandemia, era o grupo de teatro A Ruada quen abría o programa das Festas de San Roque, na Rúa Vella, coa estrea dalgunha das súas obras. Así pois, logo de tres anos de ausencia, na noite do mércores 16 de agosto este grupo de teatro afeccionado reencontrábase co público no marco das festas deste 2023.

Con certo retraso sobre a hora prevista e problemas co son, os actores subíanse ao escenario, na praza César Conti, para deleitar ao numeroso público coa representación dunha das súas últimas obras, ‘A Voda do Esganarello’.

 

 

A obra, xira en torno á historia dun vello que se enamora dunha moza á que lle fai a ronda, contando co consentimento da nai porque se trata dun home rico. Trátase dunha relación por interés e ao tempo que se deixa rondar polo vello a moza sae cun máis novo. Ao longo da obra o vello case se arrepinte de querer casar por todo o que lle di a xente pero tras unha loita co irmán da noiva convénceno e acaba casando. Unha obra con moita retranca e sentido do humor á galega coa que malia os problemas de son, volveron conquistar ao público.

 

 

A festa continúa hoxe coa II edición de ‘Got Talent’ na mesma praza a partir das 22:30 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button