CulturaCulturaÚltima hora

A ruesa Ana Domínguez e Ángel Rueda presentan na Rúa dúas curtas galegas vencelladas ao rural

 

Baixo o título ‘Ultreia et Suseia’ na pasada fin de semana proxectábase na Rúa unha sesión de cinema galego.

O lugar elixido era a Sala Audiovisuais situada no primeiro andar do Centro Cultural Avenida  e alí, a ruesa Ana Domínguez e Ángel Rueda presentaban aos asistentes a curtas. ‘Os corpos’ (2020) dirixida por Eloy Domínguez xira en torno Entroido que se celebra en Galicia. Pola súa banda, ‘Ser e voltar’ (2014) dirixida por Xacio Baño céntrase na gravación que un xove director de cine fai dos seus avós.

Cada unha das proxeccións foi precedida por unha entrevista gravada do autor.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button