En portadaÚltima horaVídeos

A Ruta dos Fornos de Celavente (O Bolo) cobra vida cunha gran asistencia

 

Con forza e moita animación regresa, tres anos despois da última edición, a Ruta dos Fornos de Celavente (O Bolo). Trátase dunha proposta da Asociación Centro de Animación Rural Celavente para dar a coñecer e poñer en valor os fornos comunais e fontes restaurados do pobo que volvía cobrar vida cunha numerosa asistencia no mediodía deste sábado 29 de abril.

https://youtube.com/shorts/ZkqzOV3cUX8?feature=share

O veciño Juan Corzo abría ruta no punto de partida da camiñata, coa lectura dos poemas que el mesmo escribe adicados ao pobo de Celavente. Alí, na caseta instalada na estrada, os asistentes podían recoller a taza e as entradas (no caso de que as teñan reservadas) e xa ás 13h. tralo pregón e co acompañamento musical dunha charanga, arrancaba o percorrido duns 4.600 metros polos diferentes barrios do pobo, ata rematar na praza.

Fotos e vídeos cedidos.

https://youtube.com/shorts/EyVXKdhsGyo?feature=share

 

Artigos relacionados

Back to top button