OurenseÚltima hora

A salvo os alumnos dun colexio en Ourense tras o derrubamento dun muro e o anegamento do patio

 

Arredor das 16:30 horas de hoxe, o persoal do Colexio Cisneros da rúa Emilia Pardo Bazán, en Ourense, poñíase en contacto co 112 Galicia para dar conta dos danos provocados polo derrubamento dun muro duns dous metros de altura, e o anegamento do patio, corredores e oco do ascensor.

“Se ben os alertadores explicaron que alumnado atopábase en bo estado, existían grandes dificultades para saír do centro, pois, ademais das zonas inundadas, había 15 metros de valo derrubado. Con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron en marcha os protocolos correspondentes para a mobilización dos axentes da Policía Local e os bombeiros da cidade. Coas súas patrullas e equipos xa en marcha, chegaron ao lugar para facer fronte á situación: numerosos danos materiais e un grupo reducido de alumnos e alumnas a salvo, que xa puideron volver ás súas casas”, segundo informa o 112 Galicia

Polo momento, “os equipos de bombeiros continúan traballando no centro sen que aínda trascendese o desencadeante destes incidentes. Con todo, cómpre salientar que desde o 112 Galicia foron informadas as autoridades educativas”, matiza o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button