DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A San Silvestre de Valdeorras reúne na Rúa a máis de 200 persoas

A X Carreira e Andaina Popular do Nadal celebrouse nesta ocasión no Aguillón pechando o ano 2022

 

Andando e correndo. Así rematan na Rúa o ano 2022, coa celebración da X Carreira e Andaina Popular do Nadal, reconvertida en San Silvestre, que na mañá deste 31 de decembro reunía a máis de 200 persoas.

Á parte de ser a I edición San Silvestre, a outra gran novidade da proba atlética organizada polo Club ADAS O Barco, Valdemove Valdeorras e o Concello da Rúa en colaboración coa Delegación da F.G.A. é a ubicación, pasando da praza da Estación en pleno centro da vila á area recreativa do Aguillón, a carón do encoro de San Martiño.

 

 

E alí, diante do pavillon municipal, partían ás 11:30 horas os 75 participantes na andaina, a primeira modalidade en tomar as saída. Media hora despois facíano os 63 corredores que participaban na carreira absoluta, entre os que estaba Inés Docampo, campioa europea de cross Sub20 por equipos coa Selección Española. O circuíto, de 6,5 km percorría boa parte da zona da Veiga, preto do río.

Os máis de 65 cativos inscritos nas diferentes carreiras de base, eran os últimos en saír, completando un circuíto máis reducido en función da idade.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button