DeportesFútbolOurense CFÚltima hora

A SD Compostela arrebátalle o ascenso a Segunda B ao Ourense CF

O día de Galicia acollía a final do play off en Balaídos

O día de Galicia acollía a final do play off de ascenso a Segunda Divisón B entre o Ourense CF e a SD Compostela, no que finalmente o empate a uns deulle o ascenso aos composteláns.

O Ourense CF comezaba adiantándose no marcador no minuto 15, cun gol de Adri Castro, o cal tres minutos despois volvía ter unha clara oportunidade, pero o gardameta do SD Compostela impediu que entrara.

 

Momento do penalti. Foto: SD Compostela.

 

No minuto 41 chegaba a primeira gran oportunidade para o conxunto compostelán, onde Bicho atopou a Miki para o espazo, pero Parras lanzouse, atrapándoa coa man.

 

Celebración do gol do Ourense CF. /Foto: Federación Galega de Fútbol.

 

Así, a segunda parte comezaba cunha gran presión do “Compos”, con ocasións para Primo, Samu e Pablo Antas, pero o Ourense CF non quedou atrás cunha clara ocasión de Cassio que acabou unas mans de Pato.

 

Segundos tras acabar o partido. Foto: Ourense CF.

 

No minuto 63, un fóra de xogo produciu a anulación dun gol a Primo, pero seis munutos despois o árbitro pitou penalti a favor dos composteláns, e Pablo Antas convertiuno en gol que sería o que lle daría o ascenso ao equipo.

Artigos relacionados

Back to top button