BaloncestoDeportesÚltima hora

Remata a tempada para o equipo sénior do MV Barco, en casa e “loitando ata o final”

 

Un día despois dos júniors e cun último partido no que loitaban ata o final, remataba a tempada o equipo sénior do MV Barco. Un equipo formado por distintas xeracións do club, varios xa xogando xuntos na categoría sénior desde hai unhas cantas tempadas, que “se compenetrou sen perder ese espírito de equipo que os guiou ao longo da liga”, aseguran dende o club.

 

 

A nivel deportivo, quedaban na metade da clasificación demostrando que, “a pesar das derrotas, podiamos facerlle fronte aos demais equipos”, din. O exemplo está neste último partido de liga disputado na mañá deste domingo 13 de abril no pavillón municipal de Calabagueiros no que, enfrontándose aos segundos clasificados, conseguían remontar a diferenza presente no marcador “chegar a ter un último tiro para empatar o partido”.

 

 

Así, pechan a tempada con “moi boas sensacións por parte do equipo”, din dende o MVB, destacando que “o máis importante é o sorriso co que saían do vestiario ao terminar o partido gañando ou perdendo, ese é o mellor exemplo que se lle pode dar ás categorías de base: desfrutar deste deporte sendo familia”, conclúen.

Fotos: MVB.

Artigos relacionados

Back to top button