Na mañá deste sábado 12 de abril, o equipo júnior do MV Barco remataba o ano deportivo cunha semifinal de liga.
A pesar de ter un persoal coa maior parte dos seus integrantes de primeiro ano na categoría, “demostramos que, xogando o equipo todo se pode conseguir”, aseguran dende o club barquense.
De feito, na primeira fase da liga, quedaban ás portas do play off de ascenso a 1ª división xa que, “despois de competir moi ben na fase de grupos, tivemos un tropezo que nos marcou o pase á semifinal”, explican, asegurando que de todo se aprende marcándese como obxectivo entrar na semifinal de liga.
“Ao non quedar entre os mellores da primeira parte da tempada, tocounos unha segunda fase na que só un equipo do noso grupo pasaba a xogar a semifinal de liga, así, debiamos ter as máximas vitorias se queriamos chegar a esa semifinal, non podiamos encaixar máis erros se queriamos conseguilo”, explican, detallando que lograban un total de 10 vitorias e 2 derrotas xogándose o primeiro posto e pase á semifinal nas dúas últimas xornadas da fase conseguindo así o noso obxectivo despois de disputar un partido moi igualado contra AB Xinzo.
“Deste xeito, chegamos á semifinal ante un gran equipo como é Bosco Salesianos que, quedou primeiro do seu grupo e ás portas do ascenso a 1ª división en decembro” e na mañá deste sábado 12 de abril disputaban un partido “moi rifado no que puidemos competirlles durante tres cuartos ata que a súa anotación marcou a diferenza sentenciando o partido ao seu favor”.
Con estes resultados dende o MV Barco felicitan ao equipo “por todo o traballo realizado ao longo da tempada, en especial, a dous dos seus integrantes que pasan de categoría o ano que vén: Sergio Ferreira e Hugo Ramos”, asegurándolles que “sempre formaredes parte da Familia MVB”.
Mañá, domingo 13 de abril, será a quenda do equipo sénior que pechará a tempada en Calabagueiros ás 12 horas.
Fotos: MVB.