En portadaÚltima hora

A selección de Lucas Mondelo, a polas medallas no Eurobasket feminino

España, vixente campioa europea, xogará na tarde do sábado o partido de semifinais con Serbia
Lucas Mondelo nun dos momentos do partido de España contra Rusia./ Foto: FEB.

 

Encadeando vitorias, a selección española de baloncesto feminino, que dirixe o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo, xa está en semifinais no Eurobasket feminino de Riga-Serbia. A vixente campioa europea tiña claro que había que defender o título e comezaba vencendo a Ucraína o 27 de xullo cun notable marcador de 77 a 95. Ao día seguinte, derrotaba a Gran Bretaña por 67/59 e o 30 de xuño as españolas lograban o seu billete a cuartos de final tras impoñerse cun axustadísimo marcador de 56 a 59.

Novamente a selección española facía gala da súa calidade e ganaba a Rusia cun demoledor resultado de 78 a 54 en cuartos, co cal entraba xa nas semifinais. Esta é a sétima semifinal do combinado español. Unha serie que se iniciaba no Europeo do 2013 de Francia e que chega ata o actual europeo.

Dende que Lucas Mondelo é seleccionador español, este equipo sempre se mantivo na loita polas medallas. E así o fará novamente no encontro previsto para a tarde deste sábado 6 de xullo, no que España se medirá con Serbia.

Entre os seguidores que animarán ás españolas neste encontro dende as bancadas estarán familiares de Lucas Mondelo, que veñen seguindo o Eurobásket a pé de pista dende o principio como Pedro García, levando ademais a bandeira de “Os Careca”.

 

Pedro García, tío de Lucas Mondelo, seguindo o partido dende as bancadas./ Foto: FEB.

Artigos relacionados

Back to top button