AletismoDeportesÚltima hora

A selección galega de atletismo, cos rueses Simón Novoa e Sergio Fernández, 6ª no nacional sub16 do CSD

Os atletas rueses que competiron coa selección galega./ Foto: FB Club Adas O Barco.

 

A Selección Galega Sub16 da que formaban parte os rueses Simón Novoa García e Sergio Fernández Pérez que compiten co Club Adas Cupa do Barco, lograba a sexta posición dun total de dazaoito equipos, no Campionato de España por Autonomías celebrado esta fin de semana en Pamplona (Navarra).

Sergio e Simón lograban ser finalistas nas probas de disco e lonxitude respectivamente, “mellorando sas súas marcas persoais con máis de 41 m. en disco e 6,07 m. en lonxitude”, puntualizan dende o club valdeorrés, engadindo que Simón participaba tamén nos relevos 4×100 “conseguindo igualmente a sexta posición”.

Artigos relacionados

Back to top button