
A seleccións galega Sub 16 feminina de hóckey herba vén de finalizar a súa participación no Campionato de España de seleccións autonómicas desta categoría, que se desenvolvía do 30 de marzo ao 2 de abril de 2023 na cidade catalá de Terrassa.

O equipo feminino, do que forma parte a dianteira valdeorresa Lidia Fernández, finalizaba o campionato en 6ª posición (dun total de 10 equipos). Nos partidos de clasificación do 5º-8º as galegas vencían, en primeiro lugar, á selección da Comunidade Valenciana, pero logo resultaban derrotadas polo combinado de Andalucía. “Foi un bo torneo das rapazas galegas, nun campionato con seleccións de moito nivel”, destacan dende a Federación Galega de Hóckey.