
A Selección Española Sub18 Feminina de Hóckey está a desenvolver unha concentración (stage) no campo de Mariñamansa ata o próximo 14 de maio. Trátase dunha actividade dentro do Plan de Fomento de Hóckey Feminino da Federación Galega de Hóckey para xerar o interese por esta disciplina deportiva entre as nenas.
Dentro da selección que recibía esta mañá a visita do presidente provincial Luis Menor, atópanse as xogadores galegas Carlota Álvarez, Yurena Veloso e Lidia Fernández, natural do Barco de Valdeorras; ademais do técnico da selección, Jose Luis Sánchez Rama.
A Deputación ten tamén en marcha a segunda fase do Plan de Fomento Hóckey, no que nenos e nenas de toda a provincia realizan actividades lúdicas, xogos, charlas e partidos de iniciación ao hóckey, guiados por monitores especializados da federación galega.




