CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Semana Cultutal do Pablo VI-Fátima da Rúa céntrase este ano na “Responsabilidade como compromiso”

Dende o martes 18 e ata o sábado 22 desénvolvese un completo programa no centro educativo rues

 

En tempos de pandemia como os que seguimos a vivir, o doado é reducir ao mínimo as actividades extraescolares, pois os protocolos sanitarios esixen un maior esforzo organizativo. Así e todo, no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa non quixeron deixar pasar a súa semana máis especial do ano sen pena nin gloria, organizando unha nova e intensa Semana Cultural, un pouco diferente polas circunstancias (con moitos actos online) pero non menos interesante e emotiva.

Así, dende o martes 18 de maio e ata o sábado 22, no que celerbarán o Día do Colexio, co fin de seguir aprendendo e crecendo, desenvólvese un completo programa que representa os valores do centro desfrutando de charlas, obradoiros, deportes, concursos e contidos relacionados co obxectivo deste curso, a responsabilidade.

 

O epidemiólogo Jesús Gestal deu unha charla esta mañá.

 

A nivel estritamente cultural, de charlas dirixidas ao alumnado de Secundaria, esta Semana Cultural comezaba coa charla “A idea europea do Camiño de Santiago” a cargo do Catedrático de Historia da Arte Juan Monterroso; o encontro literario con Nando López, finalista ao Premio Nadal; e unha charla sobre márketing na era dixital.

O mércores era o turno de varias actividades para Infantil e Primaria (visita virtual á exposición “Faraón. Rei de Exipto” e obradoiro de hixiene bucal). Os de Secundaria pola súa banda, desfrutaron dunha interesante charla sobre comunicación e dereitos humanos da man de Renata Canivari, activista en temas de dereitos sociais; e outra sobre historia con Israel SanMartín.

 

O investigador Luis Botana falará sobre a orixe dos medicamentos.

 

Así chegamos ao terceiro día do programa cunha interesantísima e de máxima actualidade charla co epidemiólogo Juan Jesús Gestal. Hoxe tamén haberá xogos para Infantil e obradoiros para Primaria, contando ademais coa presenza de catedráticos como Luis Botana que explicará de onde saen os medicamentos; ou Enrique Costa que falará sobre a seguridade nos dispositivos móbiles.

E xa para a xornada de mañá, venres, unha das actividade destacadas será o obradoiro de sensibilización nun encontro virtual con persoas con diversidade funcional.

 

Enrique Costa, Enxeñeiro de Telecomunicacións, falará hoxe sobre a seguridade en dispositivos móbiles.

 

Fotos: Pablo VI-Fátima

Artigos relacionados

Back to top button