A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A sesión vermú co grupo local The Green Angels pon o broche ao VideaFest ’24 na Rúa

 

Con música. Da man do grupo The Green Angels, na sesión vermú celebrada no mediodía deste domingo 8 de decembro, baixaba o pano o VideaFest ’24 na Rúa.

 

 

Despois de tres intensos días con actividades moi variadas e para todos os gustos e idades (concertos de diferentes estilos no Centro Cultural Avenida, visita á adega A Coroa con cata incluída, exposicións e mesmo un percorrido polo estudo do pintor rues José Manuel Álvarez Domínguez, Lito), a primeira edición deste singular festiva que mestura cultura, enoturismo, gastronomía e espectáculo, pechábase coa actuación da banda local The Green Angels.

 

 

Malia estar inicialmente previsto para a praza do Concello, a chuvia obrigaba a trasladar o concerto ao interior do bar O 4 onde os catro xoves músicos conquistaron ao público. De recente creación e membros de AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras), The Green Angels fixeron un repaso por algúns dos temas máis coñecidos do pop en español acompañándose das palmas do público.

 

 

No decurso do concerto sorteábase unha obra do pintor Lito, presente tamén no local.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button