ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A tormenta déixase sentir en Valdeorras

En localidades como A Rúa ou O Barco chovía intensamente, con fortes refachos de vento e aparato eléctrico

 

Dous días despois do aviso amarelo por parte da AEMET chegaban as tormentas a Valdeorras. Xa na noite do mércores 16 de setembro se escoitaban os tronos e chovía aínda que de forma suave, pero era na tarde deste xoves día 17 cando descargaba de forma intermitente en puntos da comarca como O Barco ou A Rúa, con especial intensidade aínda que brevemente, nesta última localidade.

O primeiro aviso chegaba rondando as sete da tarde e xa pasadas as oito e media a chuvia caía con forza, acompañada de fortes refachos de vento e aparato eléctrico.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button