Tal como estaba previsto as tormentas estanse deixando sentir en Valdeorras durante toda a semana con trombas de auga especialmente intensas en localidades como A Rúa.
A primeira hora da tarde de onte descargaba con forza, con aparato eléctrico e fortes chuvias que deixaban importantes charcos por toda a vila. E no mediodía de hoxe, xoves 17 de xuño, volvía descargar con forza, tal como pode apreciarse neste vídeo gravado por unha veciña.