CulturaCulturaÚltima hora

A tradición do viño Tostado, nunha conferencia en Seadur (Larouco)

Será impartida polo presidente do IEV, Aurelio Blanco, o 18 de abril ás 19h. nas antigas escolas desta localidade
Copa de viño Tostado./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ten unha tradición de séculos, herdada familiarmente de xeración en xeración. O tostado é un viño naturalmente doce, elaborado con uvas pasificadas que aínda se segue elaborando en zonas moi concretas de Galicia. Unha delas é a de Valdeorras. Tan escaso como aprezado, o Tostado era amparado hai máis dunha década polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Buscando afondar na tradición e no coñecemento deste viño doce, para o que se reservaban as mellores uvas, o vindeiro 18 de abril o Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) organizará unha conferencia ás 19h. nas antigas escolas de Seadur (Larouco). A ponencia levará por título “O Tostado en Seadur, tradición centenaria. La Casa da los Flores” e será impartida polo presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado. O acto será presentado por Constantino González Rey.

 

Artigos relacionados

Back to top button