En portadaÚltima hora

A tradición faise música no VI Serán da Seitura en Manzaneda

A praza da Igualdade desta vila acollía esta tarde preto dunha ducia de actuacións de música tradicional

 

Salvar do esquecemento os cantos da rica tradición da Galicia rural. Con este obxectivo vén de organizarse na tarde deste sabado 29 de xullo o VI Serán da Seitura de Manzaneda-Memorial Ludivina Pérez Ricoi, no que a música tradicional unía a veciños de todas as idades, mantendo viva sobre o escenario a memoria sonora destas terras.

 

 

O serán comezaba a partir das 19:30h. na praza da Igualdade da vila e, logo dunha ofrenda floral ante o monumento a Ludivina, incluía unha ducia de actuacións: Candela Rodríguez (violinista), grupo A Pinguela de Manzaneda, Fiuca de Trives, Blandina de Cotarós, Jacinta de Lentellais, Rogelio de Aceveda, as cantoras Consuelo e Clotilde de Placín, Aquilino Pérez de Bidueira, Paula Pintos e a banda de gaitas Real Xuvenil.

 

 

Os participantes recibían un diploma como agradecemento pola súa participación que entregaban o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, e Xosé Lois Foxo.

Ademais este Serán da Seitura abre o programa deste fin de semana musical nesta zona ourensá, que continuará nas vindeiras horas coa Noite Celta (a partir das 23h.) na Estación de Montaña, coa participación de bandas de gaitas, grupos folk e gaiteiros solistas, e o domingo ás 11:30h. co XIV Certame Celtibérico de Bandas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button