CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A traxectoria musical e a vida de Magín Blanco plasmada no libro “O Camiño da luz”

A obra era presentada polo seu autor, Carlos Rego, no Centro Cultural Avenida da Rúa

 

Da man de Edicións Embora, o crítico ourensán Carlos Rego radiografía a historia do músico rues Magín Blanco con capítulos escritos dende a amizade pero tamén cunha voz crítica e unha perspectiva musical contextualizada polas diferentes etapas do músico. Dende os anos 80 ata o 2019.

Na tarde do 17 de xaneiro, a aula de informática do Centro Cultural Avenida da Rúa, acollía a presentación do libro Magín Blanco, O Camiño da Luz, unha obra literaria que inclúe un CD e que recolle o relato da existencia dun artista que respira música e que ten “unhas cualidades e un don especiais para facer cancións que non só son bonitas, senon que son capaces de emocionar e afectar ao oínte”, en palabras do autor que se achegaba ata A Rúa, para dar a coñecer aos veciños de Magín unha obra que contén pequenos refachos do seu periplo musica, facendo fincapé nas condicións nas que este músico valdeorrés, artista das palabras e das notas, crea e converte en marabillas poéticas de gran calado emocional as súas composicións.

 

O autor do libro Carlos Rego e o seu protagonista Magín Blanco trala presentación na Rúa.

 

A traxectoria musical de Magín Blanco comezou nos anos 80 co grupo Voyeur (un concerto na cidade de Ourense serviu a Rego como punto de partida do libtro), que máis tarde se transformou en La Rosa, formación da que foi líder indiscutible e coa que publicou varios discos entre 1988 e 1995. Desde o 2006, lanzou tres traballos en solitario e nos últimos anos foi abandonando o panorama discográfico dos adultos e do rock para centrarse na música infantil, con concertos e representacións cargadas de mensaxes para os máis pequenos.

O acto no que se proxectaron imaxes do músico nas diferentes etapas musicais, contou coa asistencia de amigos e veciños de Magín Blanco.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button