Moi concorrido e animado estivo o torneo organizado polo Club de Petanca A Rúa, o ‘Gran bolazo navideño’ celebrado no campo rues o sábado 23 de novembro.
Participaban un total de doce tripletas, oito da Rúa e catro do Barco e tras unha intensa xornada de partidas coa pertinente parada para xantar, chegaba o momento da entrega de premios (produtos gurmet) a cargo do concelleiro do equipo de Goberno da Rúa, Luis Fernández Gudiña.
O primeiro premio era para a tripleta do Club de Petanca Valdeorras formada por Marisa, Ángel e Vicente; mentres que o segundo e terceiro eran para dúas tripletas do Club de Petanca A Rúa: Martín, Gelo e Aurelio (2º) e Raúl, Darío e Manolo (3º).
O premio de consolación era para outra tripleta do club do Barco, formada por Mari, Pepe e Nicanor.
Fotos cedidas.
Máis información e fotos: