EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

A Unión Europea, eixo temático dunha charla e dunha exposición no Barco

Ambas actividades teñen sido promovidas dende a Fundación CupaGroup

O alcalde do Barco na apertura desta charla no Barco./ Cedida.

 

Na xornada deste martes 6 de xullo a Fundación CupaGroup organizaba no Barco unha charla-coloquio arredor do tema “Que Unión Europea se quere para o século XXI dende zonas despoboadas e con escasos recursos tecnolóxicos, económicos e sociais”. Esta sesión inaugurábase coa intervención do alcalde do Barco, Alfredo García, que estaba acompañado na mesa por Eliseo López.

No programa, que se desenvolvía no salón de actos do edificio multiusos, contábase cunha serie relatores que abordaban o papel das zonas despoboadas na Unión Europea, dende perspectivas económicas, medioambientais e sociais. A sesión estaba dirixida á poboación en xeral e está promovida dende a Fundación CupaGroup xunto co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.

Ademais nesta en horario de 17h. a 20h. tamén no edificio multiusos pode visitarse unha exposición retrospectiva da UE dende as súas orixes ata a actualidade. “Queremos que a xente da comarca afonde en que é a UE e en como podemos obter beneficios dela”, din os promotres. A entrada é gratuíta.

Artigos relacionados

Back to top button