ConcellosÚltima horaVídeos

O director de Turismo de Galicia visita a sede da Fundación Florencio Delgado Gurriarán, no Barco

 

Trala reunión con membros da directiva do IEV e antes da inauguración 14ª Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño de Valdeorras no Pazo do Castro, o director de Turismo de Galicia, Xosé M. Merelles achegábase ata a sede da Fundación Florencio Delgado Gurriarán, na rúa San Roque do Barco, pendente de reformar, para coñecer o proxecto cultural.

 

 

Foi pois un encontro de traballo ao que asistían Aurelio Blanco Trincado, patrón da Fundación; María Carmen Álvarez Fernández, concelleira da Rúa; e Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco. A propia Pizcueta era encargada de darlle a benvida “en pleno Camiño de Inverno”, para pedirlle como valdeorrés que é “colaboración da Axencia de Turismo de Galicia para a Fundación que ademais de apostar pola cultura tamén ten o foco no apartado turístico e que a futura sede, este lugar que agora é un pouco peculiar poida ser un espazo de sinerxias para os veciños e por suposto os peregrinos e visitantes que se acheguen”.

 

 

Como responsable “da conservación e promoción do Camiño de Santiago ademais de valdeorrés, para min é unha satisfacción estar aquí e ver todo este traballo a prol dunha das figuras máis importantes da cultura valdeorresa, cunha obra que hai que conservar e promocionar”, dixo Merelles asegurando que “seguramente a Xunta de Galicia vai poder colaborar para dignificar este espazo”.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button