En portadaÚltima hora

A V Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño xa ten data

Celebrarase os días 26 e 27 de xaneiro e reunirá a numerosas festas de inverno galegas, pero tamén doutros puntos da península
Cartel da V Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño que vén de facer público a organización.

Na derradeira fin de semana de xaneiro terá lugar a quinta edición da Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, tal e como vén de facer público a súa organización a través das redes sociais. O programa deste encontro, que pretende reunir a un gran número de festas de inverno galegas e doutros puntos da península ibérica, comezará ás 14:30h. do 26 de xaneiro en Viana do Bolo, cun desfile que concluirá na praza.

Ao día seguinte, 27 de xaneiro, o escenario deste desfile de máscaras será Vilariño de Conso. Entre os participantes non faltarán folións da parte oriental da provincia como os de Viana e Vilariño, así como os de Manzaneda ou Buxán (O Bolo), entre outras celebracións de inverno relacionadas coa máscara.

Esta Mascarada será organizada polos Concellos de Viana e Vilariño, pola Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño, así como polo grupo do traballo do Entroido de Viana do Bolo, contando coa colaboración doutras entidades.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button