Sen categorizar

A vacinación contra o Covid dos menores de 29 anos comezará a finais de xullo

Publicidade

 

Na semana do 26 de xullo ao 1 de agosto prevese comezar coa vacinación contra o Covid das persoas menores de 29 anos en Galicia. Así o anunciaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa desta mañá na que daba conta dos acordos tomados na xuntanza de onte do Comité Clínico.

“Esta semana remataremos a primeira dose dos grupos entre 30 e 39 anos. E na seguinte semana, do 26 de xullo ao 1 de agosto, imos rematar a inmunización dos maiores de 40 e ao mesmo tempo comezaremos a vacinar aos menores de 29 anos”, destacaba Feijóo.

 

Artigos relacionados

Back to top button