AletismoDeportesEn portadaÚltima hora

A valdeorresa Inés Docampo, prata nos 3.000 m no Campionato de España Sub-23 Short Track

É a primeira medalla individual que esta atleta do Adas Cupa consegue nun nacional

 

Partía coa segunda mellor marca da competición e finalmente materizalaba as súas opcións de medalla. A atleta valdeorresa Inés Docampo (Club Adas Cupa) facíase coa prata na proba dos 3.000 m no XXXIX Campionato de España Sub-23 Short Track, que se está a desenvolver nesta fin de semana en Antequera.

Inés Docampo competía ás 21h. deste sábado 3 de febreiro e lograba unha segunda posición cun rexistro de 9:28.47, só superado polo de Marta Serrano (New Balance Team), cunha marca de 9:24.00. Deste xeito, a barquense logra a súa primeira medalla individual nun campionato de España. “Estamos moi contentos, encantandos polo seu resultado porque realmente é unha atleta que leva traballando moito dende os 7 anos e que o merecía”, destaca o presidente do Club Adas, Agustín González. “A base de traballo e traballo e entrenando moi seriamente foi mellorando os seus resultados. Imos saborear moito esta medalla”.

Artigos relacionados

Back to top button