DeportesÚltima hora

A valdeorresa Leticia Gil, coa selección española nun encontro internacional de atletismo en Escocia

A atleta valdeorresa Leticia Gil./ Foto: FGA.

 

Entre as atletas españolas seleccionadas para representar a España no encontro internacional amigable de pista cuberta “Dynamic New Athletics Indoor Match 2022”, que terá lugar en Glasgow (Escocia) o vindeiro 5 de febreiro, está a saltadora Leticia Gil Pérez, natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras). Así o vén de dar a coñecer a Federación Galega de Atletismo.

Esta atleta, que viste as cores do Club Playas de Castellón, será a única galega que acuda a este evento e foi seleccionada pola Real Federación Española de Atletismo para participar no concurso de lonxitude.

 

Artigos relacionados

Back to top button