Son numerosos os devotos que cada mes de setembro asisten á procesión da Virxe do Carballal polos arredores da capela construída en pedra hai máis de dous séculos, nun terreo da Comunidade de Montes de Carballeda, Bascois e Santa Cruz.
Esta ocasión non foi unha excepción e na mañá deste sábado día 7 os fieis acompañaban á imaxe da Virxe, unha bonita talla datada entre finais do século XIX e principios do XX cuberta por un manto bordado con delicados fíos dourados e prateados na comitiva, co acompañamento musical da charanga TDB. De seguido tiña lugar á eucaristía no interior da capela, onde os fieis tocaban e bicaban o manto da Virxe.
E xa contra a noitiña será a orquestra Alma Latina a que faga bailar aos asistentes ao ritmo dos temas máis frescos do verán que toca ao seu fin.


Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.