
O espírito do Nadal tamén envolve San Xusto (Carballeda de Valdeorras). A súa veciñanza poñía en marcha este ano unha iniciativa para decorar “entre todos o noso pobo”, e esta pasada ponte festiva estiveron traballando para levala á práctica.
Así, tras varios días de traballo e unha colecta popular na que participaron veciños, familiares e amigos, conseguiuse que este ano San Xusto conte con unha ambientación de “Nadal do más variada, e que incluso se organizara un obradoiro espontáneo de creación de adornos con materiais de reciclaxe no que tamén participaron os máis pequenos”, explican dende a Asociación Reventabois.
Ademais, agradecen “a todas as persoas que colaboraron co seu esforzo e o seu diñeiro a animar aínda máis a nosa aldea”.
Fotos cedidas pola Asociación Reventabois de San Xusto.
