ConcellosTrivesÚltima hora

A veciñanza de Vilanova (Trives) promove unha recadación de fondos para axudar a un veciño ao que lle ardeu a casa

Imaxe da casa queimada en Vilanova./ Foto cedida.

 

A Comisión de Veciños da Parroquia de Vilanova (A Pobra de Trives) vén de iniciar unha recaudación solidaria de fondos para axudar ao veciño desta localidade que perdía á súa casa na madrugada do 9 de outubro como consecuencia dun incendio.

“Esta comisión de veciños decidimos xuntarnos para poder recadar diñeiro e poder axudarlle a reconstruíla. Esta petición vai dirixida a todos os veciños do Concello da Pobra Trives, Manzaneda, San Xoán de Rio, Chandrexade Queixa e a todas as persoas doutros concellos que queiran colaborar. Tamén nos diriximos a empresarios, asociacións en xeral, clubs deportivos e a empresas referentes na comarca”, explican os promotores da iniciativa.

Así mesmo, a comisión concreta que as persoas que queiran colaborar poden ingresar o diñeiro nunha conta de “ABANCAES41 2080 0445 3030 4000 6732 (concepto, Luís Veiga), dita conta pertence a unha Asociación de Veciños. O diñeiro nunca será entregado ao propietario da vivienda siniestrada. Sempre se xestionará o pago de facturas por medio da asociación, a construtores ou negocios que fornezan material ou man de obra. Ao final informarase do que se recadou e do que se fixo (sempre respectando o anonimato dos doantes”.

Artigos relacionados

Back to top button