ConcellosÚltima hora

A Veiga súmase á iniciativa “Estrela Cervantes”

Os alumnos e os ponentes do I Curso de Monitores Starlight Trevinca apoian este proxecto promovido pola Sociedade Española de Astronomía e polo Planetario de Pamplona
Alumnos e docentes do I Curso de Monitores Starlight Trevinca./ Foto: Concello da Veiga.
Alumnos e docentes do I Curso de Monitores Starlight Trevinca./ Foto: Concello da Veiga.

Cunha ponencia centrada nunha análise DAFO, elaborada e guiada por Antonia Varela, concluía o I Curso de Monitores Starlight Trevinca, que se desenvolvía entre o 28 de setembro e o 3 de outubro na Veiga. Esta acción formativa, que incluía unha parte teórica e outra práctica, contaba cuns 30 participantes, boa parte deles hostaleiros veigueses.

Os participantes neste curso sumábanse á iniciativa "Estrela Cervantes"./ Foto: Concello da Veiga.
Os participantes neste curso sumábanse á iniciativa “Estrela Cervantes”./ Foto: Concello da Veiga.

Durante este curso os seus alumnos e ponentes uníanse á inicativa “Estrela Cervantes”, promovida pola Sociedade Española de Astronomía e polo Planetario de Pamplona e que conta co apoio do Instituto Cervantes. Xurde no marco dun concurso mundial da Unión Astronómica Internacional para votar cómo denominar a 20 novos sistemas planetarios descubertos nos últimos anos. A comunidade astronómica española puxo a súa mirada na etrela Arae e nos catro planetas que a orbitan e a súa proposta consiste en chamar Cervantes á estrela e Quixote, Rocinante, Sancho e Dulcinea aos planetas.

A votación está aberta ata o vindeiro 31 de outubro e con esta proposta de Estrela Cervantes compiten outras seis propostas de diferentes países.

Máis información sobre o concurso mundial:
www.estrelacervantes.es

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button