ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Veiga, un concello para ver as estrelas e desfrutar das praias

A praia dos Franceses contará cun campo de fútbol praia

O concello da Veiga ten no seu territorio as praias máis altas de Galicia: a dos Franceses e O Coiñedo, no encoro de Prada, a uns 800 metros de altura. Ademais de tomar o sol ou sofocar as altas temperaturas, nelas poden practicarse todo tipo deportes náuticos e durante o verán impártense cursos de natación e piragüismo, tamén se alugan piraguas, pedaletas, táboas de surf… Contan con diversos servizos, embarcadoiros e un pantalán de baño, éste último na Praia dos Franceses. T

Ámbalas dúas están incluídas no censo oficial de zonas de baño con control sanitario e nos últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade,correspondentes ao ano 2017, a praia dos Franceses obtiña unha cualificación de excelente polas súas augas e a do Coiñedo de boa. Funciona ademais durante o verán un catamarán con percorridos turísticos polo encoro e nun futuro moi próximo, a dos Franceses disporá asemade dun campo de fútbol praia. Así o asegura o alcalde, Juan Anta, explicando que as obras comezaron hai xa meses pero estiveron paradas polas continuas chuvias. “Esperamos que esté listo nuns dez días aproximadamente”, di, engadindo que tamén duplicarán a superficie actual de praia, humanizando a zona con camiños, árbores,…

Tamén na praia do Coiñedo se levarán a cabo obras, especialmente de melloras no acceso. “A entrada está sempre chea de po, polo que nunha primeira fase, que se adxudicará nun par de días, botaremos formigón e xa o vindeiro ano,completaremos a obra”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button