DeportesÚltima hora

A VI Andaina do Chourizo celebrarase o 1 de febreiro con saída na praza do Pilón, en Trives

A actividade lúdico-deportiva, organizada polo Club Montaña Trives, enmárcase na Festa do Chourizo de Vilanova

Asistentes á pasada edición da andaina. /Foto cedida.

 

Un ano máis, e xa van seis, o Club Montaña Trives organiza no marco da Festa do Chourizo de Vilanova, a súa particular andaina. Unha proba lúdico-deportiva prevista para o sábado 1 de febreiro, con saída dende a praza do Pilón na Pobra de Trives ás nove da mañá.

Dende aí os participantes iniciarán un traxecto que cubrirá unha distancia duns 14 km (cunha duración aproximada de 3 horas e media) pasando por Cabalar, Sobrado, Castro e Vilanova, aínda que o percorrido poderá modificarse en función do estado dos camiños. Ten unha dificultade moderada e ao remate haberá unha gran chourizada.

As persoas interesadas en participar poderán realizar a súa inscrición, ata o 30 de xaneiro, na Oficina de Turismo de Trives ou ben a través do correo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O prezo será de 5 euros para os socios do club e de 8 euros para os que non o sexan.

 

Cartel da VI edición da Andaina do Chourizo.

Artigos relacionados

Back to top button