AutomobilismoDeportesEn portadaÚltima hora

A VI Subida a Valdeorras aprázase ata o 2025

Así o vén de anunciar o presidente da Escudería Valdeorras, que explica que neste ano non vai poder levar a adiante a organización por problemas de saúde

Imaxe dunha edición anterior da Subida a Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os afeccionados ao mundo do motor terán que esperar alomenos un ano para poder desfrutar dunha nova edición da Subida a Valdeorras, proba puntuable para o Campionato de España de Montaña que se viña celebrando a finais de xuño no Barco. Así o vén de anunciar José Manuel Torres, presidente da Escudería Valdeorras, organizadora desta cita.

“Por un problema persoal se saúde non vou poder estar á fronte da organización e a escudería acordou non organizala este ano”, dicía Torres, pero asegurando que se chegou a un acordo coa Federación Española de Automobilismo para “que nos reserve o campionato de España para o ano 2025. Nós temos un gran interese en que a proba se quede no Campionato de España e iso manterase o próximo ano”.

Artigos relacionados

Back to top button