Ata o vindeiro 6 de novembro o espazo de Arte Roberto Verino, na cidade de Ourense, acolle a exposición da artista Julia Barreiro chamada “Viaxe á parede” ou unha volta á memoria da súa infancia.
De formación autodidacta, Julia Barreiro sente dende moi noviña a necesidade de “expresar a miña sensibilidade a través da arte, ben con sinxelos debuxo, carbonciño, pastel, óleo e, sobre todo, por medio da utilización moi persoal da acuarela, que me ofrece a posibilidade do imprevisible, o non programado, a mancha libre”, conta.
Comezou a expoñer en 1999, tanto en mostras individuais como colectivas, a nivel nacional, pero tamén internacional e considera “Viaxe á perede” unha volta á memoria da súa nenez, ás tardes de sesta, nas que deixaba voar a súa imaxinación observando o papel pintado que decoraba as paredes nas década dos 60. “Aquel enxame botánico, enmarañado e mareante de rosais, filigranas e arabescos eran unha sorte de cárcere na que habitaban esas presenzas femininas que me revelaban entre a penumbra”.
A través desta mostra, Julia Barreiro comparte co público ese regreso ao cuarto da sesta para recuperar “esas figuras femininas”, que se teñen convertido en referente do conxunto súa obra. Ademais amósase “encantada e moi agradecida de expoñer nesta ocasión no Espazo de Arte Roberto Verino en Ourense”.
Fotos cedidas.