Cultura

A vida nos curros

“A Mosenda”, a película feita polo CEIP Manuel Bermúdez Couso, prevé estrearse en xuño en Trives
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Mañá soleada en Palleirós (Manzaneda). Comezan os preparativos no souto. Pouco despois, chegan os convidados, case un centenar, a música e tamén os noivos. Iniciase a cerimonia relixiosa e tras ela, o banquete.

Non falta de nada. Celébrase a voda de Manolo e Charo, ou mellor dito, a súa recreacion cinematográfica. Con esta escea festiva conclúe a película na que veñen traballando nos últimos meses os profesores e os 135 alumnos do CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives. É un relato que rescata a antiga vida na serra, ligada á res. Unha vida nos curros de zonas como A Mosenda, cuxo nome da título ao filme.

Tras o remate da rodaxe o 25 de maio, o proceso de elaboración do da película completarase nas primeiras semanas de xuño e confíase en poder estreala a finais deste mesmo mes, coincidindo co remate do curso escolar. A proxección, na que o centro compartirá con toda a comarca trivesa este traballo, podería ter lugar na Casa da Cultura, pero esta cuestión aínda non está pechada.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button