En portadaÚltima horaVídeos

A vila de Manzaneda rende culto á Virxe das Neves

 

Dende o venres ata hoxe Manzaneda vístese de festa para honrar á Virxe das Neves, cun programa que inclúe multitude de propostas, entre as que destaca a música, xunto cos actos relixiosos ou a gastronomía.

 

 

Como xa é tradicional, a paellada popular e a festa ibicenca marcaban o inicio dos festexos o venres pola noite e hoxe, domingo 6 de agosto, a charanga TDB poñía en marcha o día grande. Ás 12h. a procesión percorría a localidade coa imaxe da Virxe das Neves e a continuación celebrábase a misa solemne, cantada  polo Orfeón Trivés e presidida polo sacerdote Carlos Onoto. Pola tarde haberá baile e logo verbena coa orquestra Nueva Fuerza. De madruga haberá sesión disco ininterrompida amenizada polo DJ Cabra.

 

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button